Estás no blog da Biblioteca e do EDLG do CEIP do Carballal de Marín.
Son a tartaruga Tambo,
a súa mascota.
Agardo que pases un bo rato lendo as nosas lerias!
viernes, 21 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2025 - LECTURA E FAMILIAS - LETTERING NOS POLOS CREATIVOS - SAÍDA A AFUNDACIÓN - CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS - ENCONTROS PLAMBE - RADIO ESCOLAR
O pasado venres, 21 de marzo, festexamos o "Día Internacional da Poesía" no recuncho de Tambo baixo o lema: "Poesía na Maleta".
O alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria pasou polas diferentes aulas recitando fermosos poemas cun atrezo ben bonito.
Tamén botaremos a andar, por segundo ano consecutivo, as "Portas Poéticas", coas que decoraremos as portas das aulas con marabillosas poesías.
Desenvolveráse durante a semana que vén e haberá premios para as máis bonitas!!!
Aquí tedes a Leyre e Carlota (5º de Educación Primaria) recitando un poema de Federico García Lorca, un dos poetas máis afamados da Literatura Española, asasinado en 1936: "Los reyes de la baraja".
E aquí tedes, musicado, o primeiro poema publicado por Manuel Curros Enríquez: "Cántiga".
O luns, 17 de marzo, gozamos cunha nova sesión do programa "Lectura e Familias" destinada ao alumnado de 5º de Educación Infantil con Yésica e Tania, nais de Alba e Grace.
Léronnos dous contos ben divertidos na biblioteca: "Esa fruta es mía" e "La jirafa Timotea".
Nos Polos creativos do venres, da man da profa Laura, arrincamos co obradoiro de LETTERING programado pola profa Belén, destinado ao alumnado de 4º de Educación Primaria.
A semana que vén continuarán os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria con esta estupenda actividade.
Como sabedes, consiste na arte de debuxar letras para crear palabras e frases.
Mirade que chulada!!!
O alumnado de 4º de Educación Primaria tivo unha saída a Afundación durante a mañá do pasado mércores, 19 de marzo.
Viviron unha experiencia músico-teatral baseada na percusión a partir de material de refugallo da man do grupo Odaiko Percussion Group co espectáculo: "RRRedobra".
Ao rematar deron unha voltiña por Pontevedra.
O profesorado tivo un curso de primeiros auxilios na tardiña do martes, 18 de marzo, no que repasaron conceptos aprendidos hai dous anos sobre: queimaduras, atragantamentos, reanimación RCP ante unha parada cardio-respiratoria, etc.
Correu a cargo de Marcos (médico) e Ana (enfermeira), home e muller da profa Laura e Ismael respectivamente.
Acudiron de xeito desinteresado ao Carballal e queremos darlle as grazas por tanta sabiduría e por transmitirnos cousas tan importantes ante unha emerxencia.
No CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro fixeron incluso unha canción en galego sobre a RCP con todos os pasos que debemos seguir.
O xoves, 20 de marzo, a profa Chus, Coordinadora de Biblioteca, asistiu aos "Encontros Plambe" celebrados en Compostela, nos que aprendeu unha chea de cousas sobre o programa informático de xestión de fondos bibliográficos que moi pronto teremos no cole: KOHA.
Para rematar, lembramos que os podcast da nova radio escolar seguen a pendurarse na súa canle de iVoox.
Non esquezades visitala pois... xa hai un novo co alumnado de 6ºB de Educación Primaria que está macanudo!!!