viernes, 21 de febrero de 2025

CLAUSURA DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS - MANDADIÑO - CANCIÓN DE ENTROIDO (VIAXES "VIÑAS BRANCAS") - CANCIÓNS DE ROSALÍA

Esta semana, logo do Obradoiro de Elaboración de Disfraces coas familias do alumnado de Educación Primaria e da 2ª Xornada de Portas Abertas do martes, 18 de febreiro, tivemos a clausura no Carballal do programa "21 días co galego e +".


Continuamos cos xogos e obradoiros durante os recreos...



Tamén tivemos unha sesión de contacontos para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria no ximnasio...


E o colofón foi o venres, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, coa gran festa á que asistiron autoridades como o Secretario Xeral da Lingua, o Director Xeral de Centros, o Xefe Territorial, o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude ou a Alcaldesa de Marín, María Ramallo... como non, tamén estivo Pilar Ponte, creadora desta iniciativa, e a nosa madriña de biblioteca, a Académica da RAG, Fina Casalderrey.

Miramos un vídeo-resumo dos 21 días de actividades do noso colexio e fixemos unha videoconferencia cos outros 9 centros participantes.

Tamén saímos na Radio Galega.

Asistiu alumnado do CEP "Sequelo" que interpretou unha fermosa canción a prol do galego e tivemos a actuación da "Cé Orquestra Pantasma", formada por un auténtico John Balan.

Aquí tedes o eco nos medios desta gran festa!!!

Vídeo-Resumo do Concello de Marín

Nova no Diario de Pontevedra

Logo de escoitar os discursos, presentados por alumnado de 6º de Educación Primaria a modo de regueifa, bailamos a Muíñeira de Raquel e interpretamos ao vivo o Himno Galego.

O vindeiro martes, 25 de febreiro, o alumnado de 4º de Educación Primaria, acudirá á clausura oficial en Compostela, á que asistirán representantes dos 10 centros que participaron neste programa impulsado pola Xunta de Galicia... interpretarán e escenificarán a nosa canción: "Regueifando en Marín".

Aquí tedes un ensaio!!!

E este é o vídeo-resumo da xornada!!!



Por outra banda, a semana que vén, celebraremos o Entroido no Carballal, que terá o grande desfile de disfraces o venres, 28 de febreiro.

Faremos, como xa é tradición, o Mandadiño durante a semana, que podedes ver aquí:


-Para que Entroido pareza o luns algo na cabeza.

-Se a cachola tola tes martes algo do revés.

-Para un mércores cheo de gozo trae algo no pescozo.

-Se non te dás erguido da cama trae o xoves o pixama.

-Venres imos desfilar moi ben o imos pasar!!!



O mércores, 26 de febreiro, á tardiña, será a festa da ANPA "Viñas Blancas".

Podedes ir practicando a canción que compuxemos para a ocasión, na que aparecen reflectidos todos os disfraces... dádelle caña porque gravaremos nestes días as vosas voces.



Para rematar, o domingo, 23 de febreiro, é o Día de Rosalía... coincidindo coa data na que naceu hai 188 anos.



Celebrarémolo no recuncho de Tambo un chisco máis adiante (pois cadra en domingo) pero mentres, podedes ir practicando estas dúas cancións con letra da propia Rosalía e de Manuel Curros Enríquez.