viernes, 25 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO - TEATRO EN INFANTIL - LECTURA E FAMILIAS - XOTA DE LOURIDO - ROBÓTICA NA UVIGO - XADREZ - ACTIVIDADES DA RAG

O pasado mércores, 23 de abril, festexamos o "Día do Libro" no Carballal baixo o lema: "Estende a túa imaxinación".


Desenvolvemos os tradicionais "Apadriñamentos Lectores", nos que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria leu contos aos nenos/as de niveis inferiores no exterior do colexio nun día ben solleiro.


Aproveitamos para facer entrega dos premios das "Portas Poéticas" e... todas as clases tiveron o seu!
Entregáronse os galardóns do "Dálle ao coco" e o premio de Carla foi recollido por Jimena.
Tamén houbo propostas de actividades relacionadas co PDI, como esta fermosa cámara para decorar que leva unha mensaxe lectora ben suxerente no seu corpo.


Aí vai un vídeo-resumo da xornada, tambeiros/as!!!



O xoves, 24 de abril, o alumnado de 6º de Educación Infantil interpretou a obra teatral "Queda sitio na vasoira?" na biblioteca.


O público foi o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e accederon coas súas propias entradas decoradas persoalmente!!!




Esa mesma mañá, tivemos unha actividade do programa "Lectura e Familias" para o alumnado de 3ºA de Educación Primaria.


Nesta ocasión, acudiu Sara, nai de Alazne, para contarnos dous marabillosos contos: "Descubriendo La Atlántida" e "Viaje por las tierras ocres".


Por certo, estades a ensaiar a "Xota de Lourido" que propuxo o profe Lucas para bailar polas Letras Galegas?
Aquí a tedes... xunto coas dúas cancións que interpretaremos ao vivo: "Túa nai é meigha" e "Rumboia viva".





O venres, 25 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria, fixo unha saída didáctica durante a mañá para gozar dunha actividade relacionada coa robótica na Universidade de Vigo.


Foi na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e acudiron con alumnado do IES "Mestre Landín".



Por outra banda, o profe Ismael tamén fixo entrega das chapas de xadrecista novel outorgadas ao alumnado de 2º de Educación Primaria que aprende esta disciplina na sesión de "Alternativa á Relixión".


Para rematar, a Real Academia Galega, vén de publicar tres vídeos explicativos das cantareiras/pandereteiras (tocadoras) que serán homenaxeadas no Día das Letras Galegas deste ano.
Botádelle unha ollada porque están ben interesantes as recollidas!!!




Do mesmo xeito, en "Primavera das Letras", publicaron a obra de teatro "As Ferreñas" (Paula Carballeira e Nuria Díaz), que non ten desperdicio.