miércoles, 30 de abril de 2025

MAIOS E EMBARCACIÓNS 2025 - POLOS CREATIVOS - VOLTAR - AVALIA

Este xoves, 1 de maio, é a data na que se celebran os "Maios e Embarcacións" na nosa vila, tal e como nos conta Julio Santos nesta entrevista realizada por alumnado de cursos pasados.

Coñecedes a canción máis mítica desta festa composta por Luis Emilio Batallán con letra de Manuel Curros Enríquez?



Aínda que este ano non o celebramos de xeito común no colexio por diversos motivos, deixamos estes vídeos-resumo doutros anos para que non se perda esta tradición tan galega e antiga.





En 1º de Educación Primaria fixeron algunha actividade de manualidade na aula, como estes fermosos puchos!!!



Por se queredes argallar un mini-maio na casa, aquí tedes un titorial.


Agardamos que asistades ao concurso que se celebrará na Alameda "Rosalía de Castro" pois, vai haber verdadeiras obras de arte e coplas ben bonitiñas.




Por outra banda, nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 3ºB de Educación Primaria gozou con xogos ben divertidos na Aula STEAM.




Deixamos tamén a curtametraxe-documental musical "Voltar" por se queredes botarlle unha ollada!!!


Está inspirada na entrevista que lle fixeron hai unhas semanas ao profe Víctor dende a UCLM e que podedes mirala completa premendo no vídeo.


Para rematar, informamos que logo da suspensión da actividade lectiva o pasado martes por mor do apagón, a proba de AVALIA de 4º de Educación Primaria desa xornada, pasa para o vindeiro luns, 5 de maio.