Comezamos esta entrada semanal do blog desexándovos unhas felices e merecidas vacacions de Semana Santa a todos/a!
Queremos que aproveitedes un anaco dese tempo para votar as marabillosas "Portas Poéticas" argalladas nos diferentes niveis de Infantil e Primara.
Se premedes na seguinte ligazon, poderedes acceder ao formulario de votación.
Os premios entregaranse o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, así que... moita sorte!!!
Aquí tedes instantáneas de cada unha delas.
O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou unha saída á Galiña Azul para gozar dunha xornada de convivencia na que merendaron un biscoito que lles prepararon.
Levaron máscaras dos personaxes para que os pequechos e pequechas puidesen decoralas e logo xogaron no patio da escola.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria tamén foron ao "Cine Seixo", o máis antigo de Galicia, para visionar a película "Pequeña Osa" durante a mañá do venres 11 de abril.
Logo merendaron e xogaron no parque nunha actividade ben bonita das que estamos a desenvolver na fin deste segundo trimestre de curso... como a búsqueda do tesouro con pistas en lingua inglesa que organizou a profa Tatiana.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo unhas charlas sobre igualdade de xénero na biblioteca co grupo "Iris Social" durante o xoves e venres, 10 e 11 de abril.
Estas xornadas de concienciación están organizadas pola Deputación de Pontevedra.
Para rematar, nos polos Creativos da semana, tivemos xogos de mesa, robótica e invernadoiro.
Por certo, non esquezades cotillear os últimos podcast de "Tambo nas Ondas", como este de 4ºA de Educación Primaria... e tamén podedes cantar con este ensaio de "Rumboia viva" co alumnado de 6ºB de Educación Primaria.