martes, 22 de octubre de 2019

APERTURA DO RECUNCHO DE TAMBO 2019/2020 E CONCURSO DO TÍTULO PARA O PDI ANUAL

O pasado mércores, 16 de outubro, comezou a andaina da Biblioteca Escolar para este curso 2019-2020.
Como xa foi cantado, consistiu nunha apertura especial...
O alumnado de 5º de primaria realizou unha retransmisión en falso directo dende a nosa canle de Youtube (gravado unha hora antes) que o resto dos nenos e nenas do Carballal puideron visualizar dende as súas aulas durante a franxa horaria do Plan lector.
Escenificaron unha secuencia na que deron pescudas do PDI que levará a cabo toda a comunidade educativa durante este curso escolar.
Premendo no seguinte vídeo podedes ver unha testemuña desta actividade destacada.


A mesma rapazada realizou, durante o resto da semana, unha actividade ben interesante con atrezzo incluído...




Visitaron as diferentes aulas do centro para animar ao alumnado a realizar visitas ao recuncho de Tambo para: ler, imaxinar, crear, xogar, construír, etc.
Foi moi divertido!!!



Animádevos a inventar un título en galego para este PDI que quere arrincar con folgos e dádello ao voso titor ou titora antes do martes 29 de outubro.
O título gañador daráse a coñecer durante a celebración do Samaín o vindeiro mércores 30 de outubro. 
Fixádevos ben nas pistas da retransmisión e na visita que vos fixeron...