lunes, 23 de marzo de 2020

O MÁIS IMPORTANTE É A VIDA

O pasado sábado, o mestre de Educación Musical, propuxo unha actividade para o alumnado do Carballal, consistente no envío de debuxos, fotografías, mensaxes esperanzadoras ou vídeos do noso confinamento, para argallar un videoclip dunha canción que compuxo sobre o coronavirus coa súa filla.


Durante o día de onte, chegaron tantos que, anegouse o correo...
Aquí tedes algúns!







Deixamos o resultado final para que cantedes todos os días que dure este pesadelo dende o voso balcón.
O venres, 27 de marzo, ás 16:00 horas, no programa "A Tarde" da Radio Galega, emitiron a canción e fixeron unha pequena entrevista telefónica ao profe Víctor sobre esta iniciativa.
Premendo nesta imaxe podedes escoitar o podcast.



Coidádevos moito e forza!!!


Premendo nesta imaxe poderedes descargar a versión karaoke.
Agardamos que estedes todos ben de saúde... apertazas!!!