lunes, 9 de marzo de 2020

VISITA DE ÁNGEL SANTOS

O pasado venres, 6 de marzo, tivemos a visita do director de cine marinense, Ángel Santos, curmán segundo da alumna Iria García.


Puxémoslle unha alfombra vermella e a cadeira propia dun persoeiro da súa talla.


Fixemos unha presentación moi chula e explicou un feixe de cousas sobre cine, pois a rapazada de 5º de primaria ten asignado este tema dentro do PDI deste curso: "Traballa cos teus soños".


Se cadra, o máis importante foi a charla sobre a dirección de fotografía, a comunicación entre as persoas que inteveñen nunha rodaxe, o custo e o duro que hai que traballar...
Para rematar, visualizamos unha curta da súa creación coa rapazada do CEIP "A Rúa" de Cangas e que podedes desfrutar se premedes na seguinte ligazón:

https://vimeo.com/343170985

Moitas grazas Ángel!!!