viernes, 22 de noviembre de 2024

OBRADOIRO DE STOP MOTION - MOCHILAS VIAXEIRAS - MANUALIDADES NAVIDEÑAS - POLOS CREATIVOS - SECCIÓN ROSA NAS ONDAS - REGUEIFANDO EN MARÍN - OUTRAS NOVAS

O pasado mércores, 20 de novembro, o alumnado de 6º de Educación Infantil tivo un obradoiro de Stop Motion na biblioteca.

Foi impartido polo CIM de Marín e a temática foi a violencia machista.

Elaboraron un storyboard e argallaron os personaxes con plasti e un pouco de axuda!


En breve, publicarán o produto final xunto co doutros coles... estamos moi ansiosos agardando a película!!!



Aquí temos unha curta ben fermosa que argallou alumnado do Carballal hai uns anos: "Maruxa".


Ese mesmo día, na sesión, os colaboradores de biblioteca (6º de Educación Primaria), repartiron polas aulas as mochilas viaxeiras deste curso... con nova imaxe!!!



Dentro, atoparedes catro libros, un caderno de relaxación para experimentar cos vosos pais e un segundo caderno no que tedes as normas de uso e no que podedes poñer algunha anotación persoal.



Gozade moito coa lectura na casa, tambeiros/as... e estendede as vosas ás!!!



Por outra banda, o martes, 19 de novembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu formación cun obradoiro de manualidades para elaborar produtos que se venderán no Mercadillo de Nadal e servirán para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.


Impartiuno Lorena e Elena, nais de Hugo Cao e Sara Carballal, ás que agradecemos enormemente a súa visita.


O mesmo fixeron o xoves, 21 de novembro, co compañeiro Pablo Márquez (alumno de 6ºB de Educación Primaria) que lles ensinou a facer un boneco navideño con dous calcetíns.
Mirade que ben quedaron!!!



O venres, 22 de novembro, remataron a actividade con Fanny (nai de Jairo) e a súa amiga Fátima.


Nesta ocasión fixeron unha chea de árbores e piruletas.




Nos Polos Creativos do venres, dedicados a construcción, o alumnado de 4º de Educación Primaria fixo unha actividade ben interesante e divertida coa profa Belén na biblioteca.



Tedes tamén o último programa de "Tambo nas Ondas" listo para escoitar que contén unha sección rosa anegada de chismes do Carballal.
Está elaborado polo alumnado de 4ºB de Educación Primaria durante os Polos Creativos do pasado martes, 19 de novembro.


Para rematar, informamos que continuamos coas exposicións de instrumentos na Aula de Música.
Nesta ocasión, o turno foi para o saxofón de Adela (6ºA de Educación Primaria).



Por certo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, está argallando a actividade de "21 días co galego - e máis" deste ano, na que traballaremos frases e palabras típicas, incluso exclusivas, da nosa vila: Marín.
Tamén faremos homenaxe a un persoeiro e grande artista que finou en 2008 da nosa vila: John Balan.
John Balan ten incluso o seu nome nunha praza de Marín, tal e como nos contan estes alumnos do CEIP de Seixo.


Con Balan e Vladimir Dragossan coñecemos, hai anos, Galicia enteira viaxando na súa moto, grazas á Televisión no Balan/Vladimir Tour.



Mentres non nos dan máis información debemos aprender a letra e a melodía deste videoclip argallado por alumnado do Carballal do curso 2018/2019... para o carro, amodiño Vladimir!!!


Boa fin de semana e ensaiade moito para a actuación do vindeiro luns, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres... os solistas xa están ultimando os derradeiros preparativos musicais!!!