viernes, 4 de abril de 2025

OBRADOIRO DE COCIÑA - DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO - CANCIÓNS POPULARES - POLOS CREATIVOS

O pasado luns, 31 de marzo, tivemos un obradoiro de cociña vegana na Aula STEAM, dentro do marco do programa "Lectura e Familias": "Cociñas do Mundo".

Estivo destinado ao alumnado de 4º de Educación Primaria para reforzar o seu traballo de investigación sobre o PDI anual.



A organización e desenvolvemento da actividade correu a cargo de Carmen (nai de Gala) e María (prima de Emma).

Carmen é nutricionista e María é cociñeira de profesión.




Elaboraron unha receita de cada continente: Asia (sushi vexetal), África (cuscús), América (totopos con guacamole) e Europa (gazpacho de fresas e pan tumaca).



Ao rematar comemos os produtos elaborados e convidamos ao alumnado de 1º ciclo e aos irmáns dos participantes... estaba todo boísimo!!!




Por outra banda, o pasado mércores, 2 de abril, foi o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo".

Dende o Departamento de Orientacion argallouse este pequeno vídeo explicativo sobre a condición do espectro autista.

Esta pequena peza tamén é unha das evidencias do traballo na nosa lingua dentro dos "21 días co galego e +".


Na canle de YouTube "A canción de Manuel" podedes atopar cancións en galego sobre o autismo tan fermosas coma esta!!!



Deixamos tamén por aquí o karaoke e o ensaio con 4º de Educación Primaria da seguinte canción popular que aprenderemos co gallo do Día das Letras Galegas: "Rumboia viva".



Para rematar, nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 5º de Educación Primaria traballou robótica co profe Lucas.


E se botades unha ollada á nosa canle de iVoox "Tambo nas Ondas", poderedes escoitar tres novos podcast de radio escolar, dous de 5ºA e un de 5ºB.


Mirade que canción máis chula fixeron para o 30 aniversario de "Ponte nas Ondas" (proxecto de radio escolar galego/portugués) no CEIP Seis do Nadal de Vigo apoiado por lingua de signos!!!