viernes, 5 de diciembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE - VISITA Á CADENA SER

O pasado mércores, 3 de decembro, foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.


Dende o Departamento de Orientación argallouse unha actividade común ben fermosa.

Nun paraugas branco penduramos unha serie de dereitos que todos e todas temos por lei e o xeito que teñen as persoas con discapacidade para obtelos.


Cada aula escolleu un dereito fundamental e finalmente colgámolo nun dos andares do cole.

Queremos conciencia social e vontade política...



Por outra banda, esa mesma mañá, representantes do alumnado de 5º de Educación Primaria, saíron á sede da Cadena Ser en Pontevedra e coñeceron as súas instalacións.



Foi co gallo dos Premios José Hermida e a experiencia perdurará na nosa memoria pois aprendemos un feixe de técnicas de narración fronte ao micrófono.



Aquí tedes un vídeo publicado polo seu departamento de comunicación.