viernes, 28 de noviembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Esta semana fixemos unha chea de actos no Carballal cos que demostramos un total rexeitamento á violencia machista.

Alumnado solista de 5º de Educación Primaria da materia de Proxecto Competencial interpretou ao vivo no ximnasio a canción que argallaron para a ocasión: "Nunca máis".

Fixeron unha introdución cun pequeno manifesto acompanado de carteis e todo o cole coreou o retrouso.


Logo tivemos os xogos populares no exterior organizados polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares en dúas quendas: pano, botellas, corda, rá, petanca, etc.

Como sabedes, estes xogos quedaran adiados no Magosto.



O CIM do Concello tamén nos enviou un lapis para cada alumno/a cunha mensaxe ben directa: "O amor constrúese, non se controla".


Para rematar, os colaboradores de biblio acudiron ás aulas para ler contos relacionados con esta temática.



Había títulos ben coñecidos como: "Maruxa".