jueves, 6 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

O pasado xoves, 6 de novembro, festexamos a festa do Magosto no colexio coa colaboración da ANPA "Viñas blancas".



 Trouxemos cestas relacionadas co PDI cociñeiro que temos este curso e había verdadeiras obras de arte.


Coma sempre, pintamos a nosa faciana con carbón e papamos unha chea de castañas!!!



Non puidemos facer os xogos populares que quedan adiados para a vindeira celebración.
A vindeira semana aprenderemos a canción do SaMagosto deste ano (versión de "The final countdown" - Europe) que argallou o alumnado de 4º de Educación Primaria na materia de Proxecto Competencial: "O teu pai non canta".



Por otra banda, nos Polos Creativos do martes, editáronse dous novos programas de radio ben divertidos que podedes escoitar na canle de iVoox.



Para rematar, deixamos a canción que interpretaremos o vindeiro 25N co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Trátase dunha versión de "Let it be" (The Beatles) e está basada nun relato real do libro "Invisibles" (Montse Fajardo).
Argallouna o alumnado de 5º de Educación Primaria na materia de Proxecto Competencial.
Aquí tedes un karaoke coa voz da profa Natalia para que poidades ir ensaiando