viernes, 21 de noviembre de 2025

LECTURA E FAMILIAS - SAÍDA Á LAGOA DE CASTIÑEIRAS - RECOMENDACIÓN LECTORA

Boas tambeiros/as!!!

Comezamos esta entrada do blog anunciando a 3ª Edición do Programa "Lectura e Familias" no Carballal, organizado polo Equipo de Biblioteca.

Aquí tedes un tríptico con información!



Como sabedes, con esta proposta, as familias poden acudir ao cole para facer unha sesión de contacontos, unha charla, un obradoiro, etc... relacionado co PDI anual.
As sesións comezarán no mes de xaneiro pero xa podedes ir anotándovos por medio deste formulario.



Por outra banda, o alumnado de 5º de Educación Primaria, fixo unha das primeiras saídas deste curso á lagoa de Castiñeiras.



Alí fixeron un estupendo traballo de campo con recollida de información e incluso algunha representación con atrezzo incluído.



Para rematar, deixamos unha estupenda recomendación lectora.
Boa fin de semana!!!