viernes, 16 de enero de 2026

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE - COÑECENDO O IES "MESTRE LANDÍN" - ACTIVIDADES CULINARIAS - POLOS CREATIVOS - XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Esta semana tivemos dúas actividades na cociña pois, este curso, debemos salpimentar o noso maxín!!!


A primeira foi o pasado martes, 13 de xaneiro, e nela, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, argallaron unha deliciosa empanada cos pais de Xulia.
A rapazada de 5º de Educación Primaria tamén fixo un pastel típico francés coa profa Mariña que tiña un boneco no interior, ao estilo do roscón de Reis...


Na mañá do xoves, os nenos de 6º de Educación Primaria, coñeceron o funcionamento do IES "Mestre Landín" grazas á visita da súa Orientadora acompañada de exalumnos do Carballal.


Lembramos tamén que teremos a primeira Xornada de Portas Abertas deste curso o vindeiro martes, 27 de xaneiro, á tardiña.


Por outra banda, os nenos de 2ºB de Educación Primaria gozaron na biblioteca coas actividades de construción no marco dos Polos Creativos da semana.


Para rematar, informamos que o vindeiro 30 de xaneiro, ademais da celebración do Día da Paz, gozaremos da adaptación dun anaco da obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: "Os vellos non deben de namorarse".
Farémolo co gallo do 140 aniversario do nacemento do famoso autor.
Será interpretada por alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no recuncho de Tambo (faremos 3 pases por franxas de idade) e con ela cantaremos a canción que aprendemos no 1º trimestre: "Lela".