O pasado venres, 30 de xaneiro, celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" e o 140 aniversario do nacemento de Castelao no Carballal.
Elaboramos unha chea de receitas anegadas de amor en cada aula e pendurámolas nun dos andares do cole, como proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
Logo da lectura dun manifesto pacífico ben soboroso por parte de Carlota e Noa (6º de Educación Primaria), tamén cantamos todos xuntos ao vivo, no ximnasio, a canción "Cociña paz" (versión de "Time after time" de Cyndi Lauper), elaborada polo alumnado de 5º de Educación Primaria na materia de Proxecto Competencial.
Aínda que con algo de retraso, celebramos o Ano Castelao (2025) coa representación dunha adaptación dun anaco da súa obra teatral máis chula: "Os vellos non deben de namorarse".
En breve, gravarémola en vídeo para enviar ao Salón do Libro de Pontevedra deste 2026.
Desenvolveuse na biblioteca en tres pases diferenciados por franxas de idade e encantounos o atrezo minimalista, o vestiario e o cartaz publicitario con reproducións de ilustracións do libro orixinal feitas pola profa Rosa.
Ao finalizar, uns solistas (Diana, Amín, Leia, Izhar e Álex), cantaron a canción "Lela" e puidemos acompañalos no retrouso pois, aparece nesa obra de teatro!!!
Para rematar, tivemos dúas actividades de cociña durante a semana enmarcadas no programa "Lectura e Familias".
O alumnado de Educación Infantil gozou con contos e a elaboración de comida saudable cos pais de Lucas e David.
A madrastra de Martín presentou para o alumnado de 1º de Educación Primaria o libro: "Imos facer unha torta".














