viernes, 6 de febrero de 2026

MANDADIÑO COCIÑEIRO 2026 - "EXCESO NO MEU PRATO"

Boas tambeiros/as!!!

Por mor da meteoroloxía adversa, queda adiado o desfile de Entroido do vindeiro venres para o 20 de febreiro.

Teremos unha semana (do 9 ao 13 de febreiro) igualmente anegada de espíritu carnavaleiro co "Mandadiño Cociñeiro" que argallou o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:

1. Se o luns no cole queres entrar, un fermoso mandil debes levar.

2. O martes, se cociñeiro queres ser, a cabeza cuberta has de traer.

3. O mércores, para o mellor cheff parecer, un pano de cociña tes que coller.

4. O xoves despois de almorzar, co pixama imos estudar.

5. O venres ao final, todos xuntos imos merendar, cadaquén co seu disfraz!!!


Por outra banda, o alumnado de 6ºB de Educación Primaria tivo unha actividade na cociña e gozamos moito nos Polos Creativos da Semana no recuncho de Tambo.


Para rematar, o alumnado de 4º de Educación Primaria, na materia de Proxecto Competencial, vén de rematar unha canción para o desfile de disfraces grupais relacionados co PDI anual: "Exceso no meu prato" (versión de "Espresso Macchiato")... e agardamos que nela notedes que están todos incluídos.

Aquí tedes a letra e en breve poderemos escoitar a gravación coas súas voces!!!