viernes, 20 de febrero de 2026

ENTROIDO 2026

O pasado venres, 20 de febreiro, fixemos o desfile temático de disfraces cociñeiros relacionados co PDI 2025/2026: "Salpimenta o teu maxín".


Todo o evento foi gravado por auténticos reporteiros do Canal Tambo e tivemos incluso vendedores de aperitivos no graderío.



Demos unha volta pola contorna do Carballal para que puideran vernos as familias e logo continuamos no patio ao ritmo de "Exceso no meu prato".


Todos os disfraces foros excepcionais pois... había un xurado ben esixente!!!


O alumnado de Educación Infantil disfrazouse de froitas (uvas, sandías, fresas e kiwis), peixes e hortalizas (cenorias, brócoli e millo).




En primeiro foron do conto da cigarra e a formiga.


En segundo fixeron flocos de millo.


No segundo ciclo fixeron unha festa gastronómica con comidas típicas da nosa vila: sardiñas do xeito, cigalas, chourizos e empanadas.
Non houbo perigo de intoxicación porque estivo supervisada por un inspector de sanidade.




En quinto sorprendéronnos con cigarróns, madamas, galáns, pantallas, peliqueiros... e moitas receitas típicas do Entroido: filloas, orellas, flores, rosquillas, etc.


O alumnado de 6º disfrazouse por última vez neste colexio de forma doce: pasteleiros (PASTE - LERIAS).



Por outra banda, durante a semana, tivemos dúas sesións do programa "Lectura e Familias" na biblioteca destinadas aos nenos de 1º e 4º de Educación Primaria que nos encantaron.


Bo Entroido a todos/as!!!