Esta semana cumprimos co mandadiño tal e como podedes observar nas instantáneas.
O venres, logo dunhas merendolas con doces típicos e como colofón, tivemos un desfile de disfrace libre no ximnasio onde había auténticas marabillas e glamour.
Pola tardiña foi a festa organizada pola ANPA "Viñas Blancas" e houbo moita afluencia de xente.
Aprendemos tamén a canción de Entroido deste ano: "Exceso no meu prato".
Aquí tedes o seu karaoke para que poidades practicar.
Aquí podedes visualizar algúns Entroidos doutros cursos... e lembrade que o venres que vén será o desfile temático relacionado co PDI "Salpimenta o teu maxín".
Por outra banda, o mércores gozamos durante a mañá cun torneo de xadrez entre alumnado de diferentes niveis no marco dos Polos Creativos.
Contamos con material emprestado pola Escola Xadrez Pontevedra á que queremos dar as grazas.
Para rematar, deixamos as cancións que interpretaremos este ano no Día de Rosalía que celebraremos o vindeiro venres, 6 de marzo, xunto co Día da Muller.
Este ano incluímos "Adiós ríos" (música de Amancio Prada).
Boas minivacacións, tambeiros/as... e non esquezades ir ao Enterro da Sardiña!!!






