viernes, 27 de marzo de 2026

FINALISTAS NO CONCURSO "CANTA ROSALÍA" - DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA - SAÍDA AO MERCADO - LECTURA E FAMILIAS - CHARLA SOBRE BULOS - ACTIVIDADE XOGADE

Hoxe recibimos unha boa nova no cole!

Logo de reunirse o xurado na tarde de onte, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria resultou seleccionado finalista no concurso "Canta Rosalía" organizado pola Deputación de Pontevedra polos seus vídeos musicais interpretando as cancións: "A Rosalía" e "Adiós ríos".

A gala de entrega de galardóns será no Auditorio Príncipe Felipe de Pontevedra o vindeiro xoves, 23 de abril: Día do Libro.

Moitos parabéns, rapazada!!!


O pasado domingo, 21 de marzo, foi o Día Internacional da Poesía.


A falta das "Portas Poéticas" que anegarán de versos o Carballal (poden facerse ata o vindeiro venres, 10 de marzo), o alumnado colaborador de biblioteca fixo recitados polas aulas e no exterior... por certo, tamén escoitamos algún rap!!!


A rapazada de Educación Infantil tivo unha saída ao mercado na que coñeceron unha chea de peixes e durante a semana tamén gozaron cunha sesión do programa "Lectura e Familias".


Por outra banda, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, tiveron unha charla ben interesante sobre bulos ou "fake news" na biblioteca.


Para rematar, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo unha sesión de formación deportiva dentro do programa XOGADE.

Moi boas vacacións de Semana Santa, tambeiros/as!!!