Esta semana no Carballal destacou por unha data ben importante: o Día do Libro (23 de abril).
Aínda que as actividades destacadas serán a vindeira semana (Apadriñamentos lectores), o alumnado de 5º de Primaria festexouno en Pontevedra no concurso "Canta Rosalía".
Coñecemos un mundo de proxectos musicais doutros centros educativos que eran incribles e déronnos un agasallo individual.
Vimos ao vivo a actuación do grupo "Xeración M" cantando a famosa canción de Digochiño e pedímoslle autógrafos aos seus integrantes.
Por ser finalistas coas nosas propostas en torno á figura de Rosalía De Castro, levamos un lote de libros para a nosa biblio... o alumnado de 4º de Primaria, que temén foi finalista, non puido acudir por ter que realizar a proba de AVALIA.
Por unha banda, o alumnado de 3º de Primaria tivo dúas sesións do programa "Lectura e Familias" na cociña.
Unha foi coa nai de Pedro (froitas) e a outra co pai de Yoni (pizza e crema catalana).
Por outra banda, os nenos de 6º de Primaria tiveron dúas saídas: FP-Innova e "Festival de Cine do Mar".
Para rematar deixamos a canción de "Aí vén o Maio" que cantaremos xunto coas tradicionais coplas o vindeiro mércores, 29 de abril, para celebrar esta tradición.