viernes, 23 de mayo de 2025

ACROSPORT DAS LETRAS GALEGAS - XOGOS POPULARES - LECTURA E FAMILIAS CON TARABELOS - SAÍDAS DE 3º DE PRIMARIA - POLOS CREATIVOS - CHARLA SOBRE ACOSO - RODAXE

O pasado luns, 19 de maio, tivemos unha nova visita no Carballal dos usuarios/as do Centro de Día de Marín.


Traballaron os xogos populares no exterior coa rapazada de 6º de Educación Primaria, nunha fermosa sesión de achegamento entre dúas xeracións.



O profe Lucas e a profa Susi, argallaron unha exhibición de "Acrosport das Letras Galegas" no ximnasio que tamén puideron gozar os anciás.
Mirade que artistas son os nenos/as de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria!!!



O martes, 20 de maio, tivemos unha nova sesión do programa "Lectura e Familias" na biblioteca.



Estivo destinada ao alumnado de 1º de Educación Primaria e impartírona Esteban e Ana, pais de Olivia Acuña (Tarabelos).



Nela, fixeron a súa ilustración personalizada de "A viaxe de Nele", nun caderno ben bonito.
Moitas grazas por todas as técnicas que nos ensinastes!!!




O alumnado de 3º de Educación Primaria tivo dúas saídas didácticas esta semana.


A primeira delas foi pola beira do Lérez para continuar co seu traballo de campo ecolóxico cun asesor medioambiental na mañá do martes, 20 de maio.



A segunda, foi ao Museo de Pontevedra e nela aprendemos unha chea de cousas relacionadas coa historia na mañá do xoves, 22 de maio.



Por outra banda, nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 4ºB de Educación Primaria argallou un podcast ben divertido que podedes escoitar premendo na seguinte ligazón.


Tamén gozaron con xogos de construción e lettering.




Para rematar, o venres, 23 de maio, o alumnado de 5º de Educación Primaria, tivo unha charla na aula relacionada co acoso por parte da Policía Nacional.
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria realizaron a rodaxe dunha curtametraxe ben regueifeira no porto e na praza de abastos da nosa vila que moi pronto poderedes visualizar.
Mentres, podedes aprender a canción de "Pedro Chosco", un novo personaxe que aparece na historia da tartaruga Tambo.