viernes, 30 de mayo de 2025

MARÍN REGUEIFA O MAR - LECTURA E FAMILIAS - EXCURSIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL - FESTA DA ESCUMA - POLOS CREATIVOS - OUTRAS NOVAS

Comezamos a entrada desta semana coa estrea da curtametraxe "Marín regueifa o mar", argallada polo alumnado de 6º de Educación Primaria e rodada por eles mesmos, que consiste nunha homenaxe á xente do mar a modo de regueifa.
Agardamos que vos guste!!!



O mércores, 27 de maio, o alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, tivo unha sesión ben interesante do programa "Lectura e Familias" moi relacionada coas Letras Galegas deste curso.



Visitounos Belén (nai de Carlota e Pedro) acompañada da súa amiga Begoña (pandeireteira e cantareira exmembro do grupo "Liorna").



Nela gozaron cunha exhibición de música e baile con traxe tradicional a ritmo de pandeireta.



Xa pola tarde, tivemos unha sesión de formación para familias deste mesmo programa educativo con Soledad Felloza.


Argallaron uns menús literarios ben divertidos compostos por: entrante, plato principal e postre.



Foi moi divertido e educativo e os produtos finais témolos no recuncho de Tambo.



Para despedirse agasallounos cun libro da súa autoría cunha dedicatoria ben bonita... moitas grazas por todo!!!



Por outra banda, o venres, 30 de maio, o alumnado de Educación Infantil fixo a súa excursión didáctica de fin de curso a Vilagarcía de Arousa para traballar os medios de transporte dentro do marco do PDI: "Estende as túas ás".




Foron en bus, aprenderon cousiñas sobre barcos de vela e regresaron en tren.




Nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 6º tivo unha nova sesión de lettering e os nenos/as de 2ºA de Educación Primaria produciron este estupendo podcast na radio escolar.



Xa pola tardiña, a ANPA "Viñas Blancas" celebrou a súa tradicional festa da escuma no exterior do colexio á que acudiron unha chea de familias... o tempo acompañou!!!



Queremos lembrarvos tamén que o vindeiro sábado, 14 de xuño, os colexios da nosa vila realizarán unha nova edición da "Feira do libro usado" na Alameda Rosalía de Castro durante a mañá.



Para rematar, deixamos unha nova entrega das aventuras musicais de Tambo con: "Fuxida".
Nela ensálzase o galego e poderemos aprender o nome das praias de Marín.


Hai anos xa tratamos as praias do noso pobo con este vídeo-poema.


E mirade que fermosa curtametraxe sobre acoso escolar argallaron no colexio da Inmaculada!!!