viernes, 16 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025 - LECTURA E FAMILIAS - CRISTAL

O pasado venres, 16 de maio, festexamos as Letras Galegas no Carballal cunha chea de actividades relacionadas coas seis pandeireteiras homenaxeadas neste 2025: teatro dos nenos/as de 4º de Educación Primaria (coa axuda da coidadora Eva), música ao vivo (coa axuda da profa Natalia), baile tradicional (cos profes Lucas e Susi), dramatización da rapazada de 6º de Educación Primaria (coa axuda de Carmen Rodríguez de 5º de Educación Primaria) e unha actividade culinaria con produtos do mar (Food Truck).






Xa a primeira hora da mañá, o alumnado de 2º de Educación Primaria, acudiu á Alameda Rosalía de Castro para participar nun acto común organizado polos EDLG con tres colexios máis da nosa vila (A Laxe, Sequelo e O Grupo) que introduciu alumnado de 6º de Educación Primaria cunha dramatización argallada coa súa mestra Chus.



Tamén recitaron e penduraron versos en galego nas pólas das árbores coa actividade "Versos que florecen" e cantaron a canción "O rodaballo" co grupo "Fentos e Frouma", unha peza moi marinense!!!
Este tipo de poesía popular, interpretado por cantareiras, xa inspirara a Rosalía de Castro para escribir a súa obra "Cantares Gallegos".




Aquí tedes algúns recursos sobre pandeireta, baile e cante tradicional que son de moita utilidade, tambeiros/as... e uns fermosos cartaces do alumnado de 1º de Educación Primaria.

Por certo, Xabier Díaz, compositor de "Rumboia viva", mandounos unha mensaxe de felicitación pola nosa interpretación vocal!!!




E, como non, aí vai o vídeo-resumo da xornada!!!
A obra de teatro completa terédela pendurada na exposición do PDI deste curso: "Estende as túas ás".



Por outra banda, o xoves 15 de maio, o alumnado de 6º de Educación Infantil tivo unha nova sesión do programa "Lectura e Familias" no que recibiron á nai de Jara coa súa amiga Marola (mestra de chinés na Escola de Idiomas) para contarnos un conto ben fermoso dentro da aula.


A narración foi en chinés e a continuación fixérona en galego.
A temática xiraba a carón dos animais do zodíaco chinés.
Aine, irmá de Jara, tamén acudiu ao evento.


Agasalláronnos cun colgante coa forma do porco (o seu signo) e aprendemos a dicir e escribir esa palabra en chinés.
Para rematar, papamos mochis de fabas ou arandos, un postre típico de China.
Moitísimas grazas pola vosa visita!!!



Para rematar, deixamos o karaoke de "Cristal", personaxe do conto da nosa mascota Tambo que conta coa colaboración de Magín Blanco e Ángela Castro.


Bo Día das Letras Galegas teñades... cantando o Himno Galego!!!